As 7.500 persoas que contan con carné da biblioteca Valle Inclán en Redondela e Xela Arias en Chapela retiraron ao longo de 2025 un total de 15.000 préstamos. Un fondo bibliográfico que se viu incrementado no mesmo período coa adquisición de máis de mil documentos. Unhas bibliotecas que veñen de premiar a Uxía García López, unha das persoas participantes no Radio Reto Lector que levou a máis de vinte persoas a pasar polos micrófonos da Radio Municipal para facer as súas recomendacións lectoras.
As Bibliotecas municipais seguen medrando. Fano con novas adquisicións literarias pero sobre todo co apoio dos seus usuarios e usuarias que durante o ano pasado retiraron un total de 15.000 préstamos, cifra que da idea da relevancia deste espazos como promotores da cultura.
Unha Biblioteca que entregaba o pasado 11 de xaneiro, data na que se celebra o Día do usuario/a das bibliotecas, o premio do sorteo do Reto RadioLector 2025.
Ao longo de 2025 pasaron polos micrófonos da Radio Municipal lectores e lectoras convidados polas Bibliotecas para protagonizar a sección semanal Literatura nas ondas, do programa matinal A Estación, facendo cadansúas recomendacións lectoras aos oíntes. Entre os participantes sorteouse un lote de libros, que se entregou a afortunada gañadora Uxía García López.









