Campión de ciclocross a nivel nacional e autonómico na presente temporada quedou primeiro na copa de España, primeiro no campionato galego de XCO e terceiro no campionato de España na categoría cadete na que milita.
Guillermo García Alonso recibía na xornada de onte o diploma “Orgullo Redondelan” e a insignia do Concello como recoñecemento e homenaxe polo seu traballo e méritos deportivos nun acto no que estivo acompañado do concelleiro de deportes, Antonio Cabaleiro e a alcaldesa Digna Rivas quen salientou “o luxo que supón para o municipio contar con deportistas do máis alto nivel no ciclocross” e auguroulle moitos éxitos de cara ao futuro a un mozo que con tan só 15 anos xa ten gañado a copa de España.









