A xuntanza terá lugar o luns 19 ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e contará coa intervención dunha representande de Sos Sanidade-Vigo, Purificación López Alló. Ademais de falarse do agravamento nas listas de espera e da situación sanitaria tamén se falará das nova mobilizacións en datas próximas.
Unha convocatoria que chega logo dun Nadal cun servizo de Urxencias máis saturado do que adoite estar, con citas para os médicos de familia que se demoran dúas ou tres semaran e cita para determinadas especialidades con agardas inasumibles.
Ante esta situación fan un novo chamamento á cidadanía a acudir a esta xuntanza que terá lugar o luns 19 de febreiro as 19:30h no Multiusos da Xunqueira para informar da situación da área sanitaria e das novas mobilizacións que terán lugar tanto en Vigo, como a nivel autonómico en Santiago de Compostela para o próximo 1 de febreiro para seguir reclamando o noso dereito a unha sanidade pública digna e de calidade.









