Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela traballa na recuperación da memoria da sociedade de agricultores “La Progresiva” de Chapela

la pogresiva si


A sede deste colectivo que tivo “gran protagonismo no movemento agrario de provincia de Pontevedra” atopábase no edifico que agora ocupa o Mercado Municipal de Chapela. O obxectivo do Concello é recuperar documentación, arquivos ou fotografías que poidan aínda existir de “La Progresiva”, polo que se fai un chamamento á veciñanza que poida ter algunha información.
O Concello de Redondela traballa na recuperación da memoria de “La Progresiva”, sociedade de agricultores fundada a finais do século XIX e que mantivo a súa actividade ata o primeiro terzo do século XX. Ante a pouca información que se conserva da súa historia, dende a concellería de Memoria Democrática puxeron en marcha unha iniciativa para recuperar “esa parte tan importante da parroquia de Chapela e dos seus veciños e veciñas”.
Entre os datos salientables que atesoura este colectivo atopamos que no ano 1909, sendo presidente Ángel Santorio, na Progresiva abriuse unha escola, e na súa sede celebráronse tamén mitins antiforais e conferencias. En 1925 os emigrantes de Chapela en Montevideo regalaron a esta sociedade un estandarte de cor vermella con cintas coas cores nacionais de España e Uruguai, acontecemento do que se conserva unha fotografía no Arquivo Pacheco. En novembro do 1933 acolleu un mitin de Izquierda Republicana no que interviron, entre outros, Alfonso Daniel R. Castelao e Telmo Bernárdez.
A alcaldesa, Digna Rivas, responsable da concellería de Memoria Democrática, sinala que este colectivo de Chapela tivo “un gran protagonismo” no movemento agrario da provincia de Pontevedra xunto a outras sociedades redondelás como as das parroquias de Trasmañó, Cesantes, Reboreda, Cabeiro, Saxamonde, Quintela e Vilar.
A raíz do golpe de Estado de 1936 e a posterior Guerra Civil, a sede e as pertenzas de “La Progresiva” de Chapela foron incautadas polo réxime franquista, ao igual que as das parroquias de Cedeira, Cesantes, Reboreda, Vilar e o Viso.
O obxectivo do Concello é recuperar todo a documentación, arquivos ou fotografías que poidan aínda existir de “La Progresiva”, polo que se fai un chamamento á veciñanza que poida ter algunha información. Nas vindeiras semanas farase unha convocatoria no Multiusos do Piñeiral aberta a toda a veciñanza para que as persoas que o desexen poida colaborar na recuperación da memoria da sociedade de agricultores de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará