Hoxe é Xoves 22 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concurso de maquetas do Millo Verde abre o prazo de presetación de traballos

concurso maquetas grupo si

A Asociación Cultural terá aberto ata o 1 de marzo o prazo de inscrición para o XVIII Concurso de Maquetas Millo Verde. Os grupos ou artistas interesados en participar deberán remitir os seus traballos ao enderezo maketas@milloverde.org. O gañador do concurso farase cun premio de 500 euros e o dereito a formar parte do Festival que se celebrará os días 21, 22 e 23 de maio na praia de Cesantes.
No certame poden participar todos os grupos ou solistas con residencia en Galicia que non teñan publicado ningún disco mediante contrato discográfico, independentemente do seu estilo musical. Tamén se admiten artistas que editaran singles, EPs ou que participaran en discos recompilatorios.
Os traballos deberán constar de tres cancións de composición propia e, de xeito opcional, dun vídeo ou dunha ligazón ao mesmo. Xunto ao material musical deberá enviarse unha breve reseña biográfica en formato PDF na que se indiquen os compoñentes do grupo, o estilo musical, a procedencia e os concertos realizados, así como o nome, número de teléfono e enderezo electrónico da persoa de contacto. Todo o material deberá remitirse ao enderezo maketas@milloverde.org
De entre todos os proxectos recibidos, a organización seleccionará dous finalistas que participarán nunha festa-concerto que terá lugar o vindeiro 11 de abril. Estes finalistas deberán contar cun repertorio propio para directo de, como mínimo, 40 minutos, e daranse a coñecer tanto na prensa como nas redes sociais do festival. O proxecto gañador decidirase mediante votación do público asistente ao evento.
Establécense dous premios: 200 euros para o segundo finalista e 500 euros para o gañador, que ademais obterá o dereito a formar parte do cartaz do XIX Festival Alternativo Millo Verde, así como a realización dun vídeo resumo da súa participación no festival, que se celebrará os días 21, 22 e 23 de maio na Área Recreativa da Praia de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará