O plan integral de benestar dixital, aprobado pola Xunta, foi recibido con cautela por parte das asociacións de pais e nais que critican especialmente a súa medida estrela: o contrato voluntario entre centros e alumnado para controlar o uso das novas tecnoloxías fóra da aula. Unha medida que o presidente da Federación de Anpas de Redondela, José Manuel Lago non ve viable e que di “só vai server para incrementar a carga burocrática dos centros”. As Anpas piden reducir o tempo que se usan as tecnoloxías nas escolas e dotar aos alumnado de competencias para crear un entorno virtual seguro.
O Plan aprobado polo goberno galego busca xestionar de xeito adecuado o uso das tecnoloxías por parte do alumnado. O presidente da Federción en Redondela aplaude que a Xunta asuma a súa responsabilidade “nun tema tan precupante como é o impacto do mundo dixital no benestar do estudantado” pero entende que non se centra no realmente importante.
Pon en dúbida por exemplo que a medida máis chamativa plan, o contrato entre centro e alumnado para reducir de xeito voluntario o uso de pantallas e dispositvos tecnolóxicos fóra do horario escolar a través dunha serie de obrigas para o estudante, poida ser efectivo. Pola contra entende que “só vai servir para íncrementar a carga burocrática do profesorado”.
ntende que se precisan outro tipo de medidas centradas en dotar ás familias de ferramentas e formación para que controlen e establezan límites no uso destas tecnoloxías.
Chama tamén á Xunta a que se preocupe pola cantidade de horas que o alumnado dedica ou emprega nas tecnoxías dentro das aulas “no ámbito escolar estase producindo un abuso do uso das pantalla e é nese ámbito onde habería que actuar, diminuindo o seu uso en secundaria ou incluso eliminándoas en primaria”.
Apunta tamén a necesidade de dotar ao alumnado das competencias necesarias para crear “un entorno virtual seguro” e tamén formar as familias para que sexan conscientes do risco de determinados contidos que consumen os seus fillos e fillas así como da adicción que estes consumos provocan.
A Federación de Anpas insiste en que o impacto da exposición ás tecnoloxías é preocupante sobre todo na adolescencia. Neste sentido xa levan anos dando formación neste campo porque “moitos pais e nais son descoñecedores dos perigos do uso das redes e de Internet e entendemos que tamén a Xunta debe actuar neste sentido”.
Con todo, tamén apunta Lago que é preciso esperar a coñecer por completo o Plan da Xunta para avaliar as medidas concretas que se propoñen.









