A conexión entre ambas localidades mentres duren as obras de rehabilitación que se están a realizar na ponte e que, como mínimo, prolongaranse ata finais de febreiro, realizarase a través da N-550. A ponte sí estará aberta para o paso de peóns.
O corte na circulación arrancou hoxe martes e durante as seis vindeiras semanas impedirá a circulación de vehículos pola ponte medieval que comunica Arcade e Ponte Sampaio. O peche ao tráfico será durante todo o día, incluídas as fins de semana, malia que a ponte si estará aberta para o paso de peóns. O acceso ao centro habilítase mentres duren estes traballos pola N-550.
Os traballos que se van acometer nas vindeiras semanas forman parte dunha actuación que supuxo o cambio de iluminación na Ponte coa instalación de máis de medio cento de luces led que se extenden polo muro e o exterior da infraestrutura.
Un proxecto que conleva un investimento próximo aos 500.000 euros e que inclúe labores de conservación, renovación de pavimentos, subistitución dunha baranda e creación de zonas de axardinamento e limpeza. O obxectivo da actuación é mellorar unha vía de paso habitual de peregrinos do Camiño Portugués e unha infaestrutura imprescidible para a conexión entre os dous municipios.

.









