A Biblioteca Luis Seoane incrementou nun 13% o número de usuarios e usuarias ao longo do pasado ano non que se fixeron un total de 207 novos carnés ata chegar á cifra de 3.686 persoas inscritas. Entre eses usuarios atopamos a Noel Castro e Milagros Sobral quen se fixeron merecedores do premio ao mellor lector/a por seren os que máis libros retiraron no últimos doce meses. Para seguir animando á lectura este ano a Biblioteca presenta o seu I Desafío Lector.
Esta actividade nace para potenciar un hábito continuo de lectura que incentive a coñecer, non só novos autores e autoras, xéneros literarios ou temáticas diferentes, senón tamén mellorar a comprensión lectora para estimular o pensamento crítico e a creatividade. Para iso rétase aos usuarios de calquera idade a participar neste desafío que consistirá en ler libros de diferentes temas e formatos para rematar con éxito o reto que propón a Biblioteca Municipal Luís Seoane ao longo de todo este ano.
Para participar haberá que inscribirse en liña dende o luns 12 de xaneiro ata o xoves 12 de novembro do ano 2026 na web www.soutomaior.gal/actividades e achegarse pola Biblioteca Municipal para recoller o taboleiro de xogo (cartón) e as inscricións e solicitar o préstamo do primeiro libro co que se quere comezar a xogar e a ler. As persoas participantes optarán a tabletas, xogos de mesa e lotes de libros.
Uns premios que recibiron tamén estes días Noel Castro Lemos e Milagros Sobral Fernández logo de converterse nos máis lectores do ano. Na categoría infantil xuvenil o gañador foi noel cun total de 298 préstamos no ano 2025 mentres que na categoría de adultos resultou gañadora Mª Milagros Sobral tras retirar 66 libros o pasado ano.
Unha biblioteca que pechou o 2025 cunhas excelentes cifras tras incrementa o número de usuarios un 13%: fixéronse un total de 207 carnés novos (75 carnés infantís, 18 carnés xuvenís e 114 carnés de persoas adultas) o que deixa un total de 3.686 persoas usuarias que realizron 12.070 préstamos en doce meses.









