Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SD Pazos comeza con vitoria a segunda volta

614471661_1569377037564855_5525740833809049660_n

A primeira xornada do ano 2026, que para moitos equipos marcou o inicio da segunda volta, deixou resultados variados no fútbol sala da comarca. Mentres algúns comezaron con forza buscando mellorar posicións, outros sumaron derrotas que complican o seu camiño.

Terceira División Nacional

O SD Pazos de Borbén deu un paso adiante cunha vitoria importante: 4-6 como visitantes fronte ao ED Vigo 2015. Un resultado que serve para arrancar con forza a segunda volta e intentar deixar atrás unha primeira volta máis irregular.

Con este triunfo, os de Pazos  sitúanse na 9ª posición da clasificación. O próximo desafío será clave: reciben na casa ao Marín Futsal para tentar consolidar a reacción.

Pola contra, o Redondela FS non puido sumar diante do seu público e caeu por un axustado 4-5 ante o Ribeira FS. A derrota fai que os azuis baixen á 12ª posición e continúen inmersos na loita pola permanencia.

O próximo partido dos redondeláns será fóra da casa, visitando ao Cidade de Narón.

Preferente de Fútbol Sala

O Campito Chapela FS non puido sumar puntos na súa visita ao Baíña, onde perdeu por 6-4. Con este resultado, o equipo mantense na 8ª posición da táboa, nunha zona intermedia pero sen marxe de tranquilidade.

A próxima xornada suporá o inicio da segunda volta para a categoría e traerá un derbi local moi esperado: o Campito visitará o feudo do Pazos de Borbén FS “B”.

Primeira Futgal

O Arealonga FS Chapela pechou a primeira volta cunha derrota clara por 4-7 fronte ao Crecentes FS. O resultado deixa aos beretes en posición de penúltimos da clasificación, en plena zona de perigo e con necesidade urxente de sumar puntos na segunda volta.

Tras un descanso provocado polo retiro do CD Grupo 7A9 da competición, retomarán a liga o 25 de xaneiro coa disputa dun derbi local: recibirán na casa ao Campito Chapela – Cios F.S. “B”.

Un comezo de ano irregular para o fútbol sala da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará