Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O humor regresa ao escenario do Piñeiral co XII ciclo de teatro afeccionado de Chapela

desfeita teatro

A primeira das actuacións será este sábado coa obra “Ai avoa!” da compañía Desfeita teatro. En sábados consecutivos chegará Feliz Aniversario de Expresión Teatro, A Brisca da compañía Fonte da Tella e pechará (H)umanidade de Teatro das Aras. Todas as actuacións serán no Multiúsos do Piñeiral en Chapela ás 20:00 horas con entrada de balde.

Carmen Asenjo

A Asociación cultural e social de Chapela apostou hai doce anos polo teatro e puxo en marcha un ciclo que a día de hoxe está completamente consolidado unha vez que contan co apoio do público. De feito, en moitos casos e malia tratarse de teatro afeccionado o espectáculo colga o cartel de completo.
Detrás hai un traballo intenso das persoas que integran a asociación que ven numerosas obras ao longo do ano para elixir as comedias que logo conformarán o cartel. Unha das persoas que máis activamente participan da súa organización é Carmen Asenjo.

A primeira das actuacións será este mesmo sábado cunha obra en clave de humor a cargo da compañía Desfeita Teatro. Achegan o título “Ai Avoa!” unha comedia crítica que retrata, con humor ácido, a decadencia dunha familia obreira devorada pola avaricia da súa avoa. Unha reflexión sobre as miserias humanas e a falta de solidariedade na sociedade actual.


Nos vindeiros sábados subiranse ao mesmo escenario e no mesmo horario outras tres compañías: Expresión Teatro o sábado 24, a compañía de Soutomaior Fonte da Tella actuará o día 31 e pechará o ciclo o 7 de febreiro a proposta (H)umanidade de Teatro das Aras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará