Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello investirá máis de 2 millóns de euros en arranxos e melloras de camiños

camiños

Os Consellos Parroquiais aprobaron por unanimidade o programa de investimentos para o ano 2026 proposto polo goberno local. O plan destina máis de 2 millóns de euros para a mellora e acondicionamento de 65 camiños municipais nas 13 parroquias así como no centro da vila onde se acometerá o arranxo do Paseo Pexegueiro na zona da Bomboneira e a esfarrapad. As obras serán financiadas con fondos do remanente de Tesourería de 2025.
Ante as necesidades de mellora nalgúns camiños municipais, o plan inclúe unha relación de actuacións a realizar en cada unha das trece parroquias. Os proxectos foron consensuados cos colectivos veciñais e superan os 2 millóns de euros.
O plan será financiado con fondos das arcas municipais co remanente de Tesourería de 2025. A proposta será trasladada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación.
O programa de investimentos inclúe obras en todas as parroquias, con melloras nun total de 65 camiños municipais. Algunhas das actuacións máis destacadas serán na rúa Estación e a Subida ao Picoto, en Chapela; os camiños da Milixosa e dos Lagos en Cabeiro; os camiño das Telleiras e o Fixón en Vilar; os camiños do Casal e dos Tereixos en Reboreda; a Subida a Trasmañó e o camiño da Cabadesa en Trasmañó; os camiños da Costeira e Verdeal en Quintela; os camiños do Quintán e da Moscalleira en Cedeira; os camiños das Patelas e Miñoteira-Estrada Fontecova en Ventosela; camiños da Furna, Eido de Andrea, Panquente e Fonte do Rial en Cesantes; camiños do Fixón e Caiosa en Negros; camiños da Gándara e Carreira da Lagüiña no Viso; camiños das Pedreiriñas e Casal do Monte en Saxamonde, e Paseo do Pexegueiro (zona Bomboneira) e Esfarrapada en Redondela
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que estas obras responden ás necesidades de cada unha das parroquias no que respecta aos camiños municipais “especialmente en materia de accesibilidade, seguridade viaria e cohesión territorial” atendendo as peticións dos colectivos que mellor coñecer as necesidades de cada parroquia.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela


O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala tamén que este programa de actuacións “está baseado nas demandas recollidas ao longo dos últimos anos nas sesións de todos os Consellos Parroquiais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará