Hoxe é Venres 23 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Choco remata a prmeira volta cun empate sen goles

WhatsApp Image 2026-01-12 at 18.24.21

Foto de Xeila Fervenza

A primeira xornada do ano 2026 deixou bos resultados para varios equipos da zona nas distintas categorías do fútbol galego, cun balance xeral favorable que permite manter ou mellorar posicións de cara á segunda volta.

Preferente Galega

O CD Choco empatou a cero (0-0) no Campo de Santa Mariña fronte ao Atlético Arnoia. Un punto que mantén ao equipo redondelán na zona media-baixa da táboa, ocupando a 12ª posición con 19 puntos. O próximo partido, xa co inicio da segunda volta, será tamén na casa contra o Club Lemos.

Primeira Futgal

O CD Arcade conseguiu unha importante vitoria no Campo do Salgueirón ao impoñerse por 2-1 ao Atlético Cuntis. Con este triunfo, o equipo sitúase na 7ª posición da clasificación con 24 puntos. Tamén eles abrirán a segunda volta xogando como locais, recibindo ao Marcon Atlético.

Segunda Futgal

Gran actuación do CD Soutomaior como visitante, onde venceu por 0-2 na casa de A Lamas SD. Consolidan a 5ª posición con 23 puntos e continúan firmes dentro da zona de promoción de ascenso. Pecharán a primeira volta o vindeiro fin de semana na casa fronte ao Atlético Combarro.

Terceira Galicia – Grupo Pontevedra

O CD Cesantes sumou tres puntos importantes ao vencer por 1-0 ao Figueirido CF no campo da Gándara. Con este resultado, igualan ao Campaño SD con 31 puntos, ocupando a segunda posición por diferenza de goles. Mantéñense plenamente na loita polo liderado e polo ascenso nunha tempada moi sólida. Xa pecharon a primeira volta e abrirán a segunda o vindeiro domingo na casa contra o propio Campaño SD.

Terceira Galicia – Grupo Vigo

O Chapela CF tamén celebrou unha vitoria como visitante, ao impoñerse por 2-3 ao Celta Academy B. Con 29 puntos, os beretes sitúanse na 5ª posición e seguen na pelexa polos postos de play-off. A súa próxima xornada, a penúltima da primeira volta, será como locais fronte ao CD La Guía.

Na mesma categoría e grupo, o Atlético de Villar empatou a 2-2 na casa contra o Racing Castrelos B. Un resultado que permite ao equipo manter o liderado absoluto da clasificación con 36 puntos, demostrando solidez mesmo nun partido que non puido gañar. A próxima xornada os de Villar descansarán e retomarán a competición o 25 de xaneiro coa visita ao campo do CD Areosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará