O goberno local acaba de aprobar unha nova a oferta de emprego público, que saíu publicada este mércores 7 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
En total, ofrécense catro prazas para cubrir con persoas novas ou mediante mobilidade doutros concellos. Estas son as vacantes:
- 2 prazas de Policía Local (grupo C1). Son postos de auxiliar de policía, a tempo completo. Unha destas prazas está reservada para quen veña doutro concello a través do sistema de mobilidade.
- 1 praza de Arquitecto/a (grupo A1, o máis alto). Posto técnico superior, tamén a tempo completo.
- 1 praza de Oficial Condutor/a (grupo C2).
O Concello ten ata tres anos para convocar as oposicións ou procesos selectivos e resolvelos, contando desde a publicación no BOP. As bases e as instancias están publicadas na sede electrónica e na páxina web do concello (www.redondela.gal, no apartado de Emprego público, persoal funcionario e laboral fixo).









