Hoxe é Sábado 24 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga FS abre as súas portas en xaneiro para captar novos deportistas

472cf024-dd95-44b8-b27f-afb27f45bf9a

O club de fútbol sala Arealonga FS Chapela anuncia a celebración de xornadas de portas abertas durante todo o mes de xaneiro de 2026. Esta iniciativa busca mostrar o seu programa deportivo, promover os valores do deporte e facilitar a incorporación de novos xogadores e xogadoras ás súas categorías base.

O Arealonga FS Chapela é unha entidade consolidada na comarca, que conta con equipos en todas as categorías, desde biberón ata sénior, tanto en modalidade masculina como feminina. O club destaca polo seu compromiso coa formación integral dos deportistas, contando con adestradores titulados, unha metodoloxía baseada na promoción de valores como o respecto, o traballo en equipo e a inclusión, e un enfoque especial na participación de todos os membros.

As familias interesadas en coñecer de primeira man as actividades do club poden obter máis información de forma presencial os martes e venres, de 17:00 a 19:00 horas, no Pavillón Municipal de Chapela (Manuel González Soto). Ademais, o club pon á disposición o teléfono de contacto 662 111 339 para resolver calquera dúbida.

A directiva do Arealonga FS Chapela invita a todas as familias e afeccionados ao fútbol sala a achegarse ás instalacións para vivir unha experiencia directa coas sesións de adestramento e descubrir o ambiente familiar que caracteriza ao club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará