Hoxe é Sábado 24 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior viviu unha Cabalgata de Reis máxica e inclusiva, con visita especial aos maiores dos centros de día

610900853_1315141303983623_8351558875119135990_n

O Concello de Soutomaior celebrou onte un dos días máis esperados e ilusionantes do ano: a Cabalgata de Reis, unha xornada chea de maxia, tradición e alegría que congregou a centos de veciños e veciñas, especialmente aos máis pequenos.

A mañá comezou coa recepción institucional do alcalde, Manu Lourenzo, ás Súas Maxestades os Reis Magos na Casa do Concello, onde mantiveron unha reunión para ultimar os detalles dun día tan especial.

A continuación, desenvolveuse unha intensa xira polos barrios do municipio, cunha recepción real na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval que atraeu a moitos nenos e nenas ansiosos por saudar aos monarcas. Os Reis Magos tamén realizaron visitas especiais aos centros de día Boas Apertas e SoutoMaiores, levando ilusión a todos os presentes.

Pola tarde, ás 17:30 horas, saíu a colorida cabalgata desde o cruce do Viso (ou Cochón), percorrendo as rúas Xosé Solla, Rosalía de Castro e Talo Río. O desfile destacou pola súa inclusividade, cun tramo silencioso inicial para persoas con diversidade funcional, e repartiu máis de 400 quilos de caramelos sen glute. As Súas Maxestades foron acompañadas por unha carruaxe de fantasía, animacións con K-pop, galletas de xenxibre, ninfas, personaxes máxicos e os clásicos coches 600, creando un espectáculo cheo de cor e nostalxia.

O evento rematou na Carpa de Nadal en Talo Río arredor das 18:45 horas, con música e a gran Recepción Real a partir das 19:15 horas, onde os pequenos puideron entregar as súas cartas, conversar cos Reis e facerse fotos cos personaxes.

Desde o Concello destacaron o éxito da xornada, agradecendo a todas as persoas que a fixeron posible: ás Súas Maxestades, ás comparsas, a Protección Civil Oitavén-Tea, á Policía Local e, sobre todo, á veciñanza que encheu as rúas de ilusión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará