Hoxe é Mércores 11 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha o Nadal con rondallas e unha exitosa Feira de Reis

WhatsApp Image 2026-01-06 at 16.51.34

Redondela viviu  onte o Día de Reis unha das súas tradicións máis queridas e ancestrais: desde as 10:00 horas, as rondallas e ranchos de Reis percorreron as rúas da vila cantando panxoliñas e agasallando aos veciños co seu repertorio festivo, espallando alegría e mantendo viva a esencia do Nadal galego.

Participaron a Rondalla de Guizán, a Rondalla de Ventosela e o Rancho de Cortellas, grupos que coas súas voces e instrumentos encheron o ambiente dunha maxia especial, recordando as antigas costumes de anunciar a chegada dos Reis Magos polas aldeas e vilas. No Concello foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas, quen felicitou a todos os músicos pola súa dedicación.

Paralelamente, o centro urbano acolleu a primeira feira do ano e, como é tradición, unha das máis destacadas: a Feira de Reis. Un tempo solleiro favoreceu as compras e impulsou unha gran afluencia de público, atraendo milleiros de visitantes dos municipios veciños ao coincidir cun día festivo. Con todo, este multitudinario encontro tamén chamou a atención dos carteiristas, que chegaron a sustraer ata sete carteiras aos despistados viandantes.

Con todo, o intenso frío –un dos días máis xeados do inverno ata o momento– obrigou aos asistentes a ir moi abrigados. As rúas amenceran cubertas dunha delicada capa de cristal xeado polo rocío conxelado, creando un escenario encantador.

A pesar do frío penetrante, Redondela pechou as festas de Nadal cunha xornada chea de tradición, música e comunidade, mantendo viva a ilusión e o orgullo das súas costumes máis profundas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará