Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos chegan acompañados de camelos de globos

42381109-cfa2-4dcf-80e1-bf0e4c843be1

Melchor, Gaspar e Baltasar cumpriron unha vez máis coa súa cita anual en Redondela e Chapela, onde milleiros de nenos, nenas e adultos gozaron das cabalgatas cheas de cor, música e maxia. A música festiva e o ambiente máxico do Nadal foron os grandes protagonistas, mentres se repartiron  1.500 quilos de caramelos entre os asistentes.

Despois de recorrer as rúas do centro da vila, os Reis Magos, acompañados polos seus paxes e as carteiras reais, foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas, ás portas do Concello. Alí, no antigo salón de plenos, centos de nenos e nenas fixeron cola para falar directamente coas Maxestades de Oriente, entregarlles as súas cartas de última hora e compartir os seus desexos máis queridos. Ata ben entrada a noite (ás 20:10 horas aínda continuaba a recepción), a ilusión non parou.

Chapela tamén viviu a súa propia maxia

Na parroquia de Chapela, a cabalgata percorreu o seu habitual traxecto desde o Alto da Encarnación ata as Catro Pontes, rematando cunha recepción oficial das Súas Maxestades no Círculo Recreativo Cultural, onde os máis pequenos puideron achegarse aos Reis para saudalos e entregarlles os seus últimos pedidos.

E a festa continúa o Día de Reis

Hoxe martes 6 de xaneiro, Redondela vivirá unha das súas tradicións máis queridas: desde as 10:00 horas, as rondallas e ranchos de Reis percorrerán as rúas da vila cantando villancicos e agasallando aos veciños co seu repertorio. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará