Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Campo da Rondalla de Ventosela: “Unha rondalla abrindo a Cabalgata de Reis simboliza a unión do pobo”

WhatsApp Image 2026-01-05 at 13.30.40

Esta tarde, a partir das 18:00 horas na Praza de Ponteareas, arranca a Cabalgata de Reis de Redondela. Por primeira vez, a Rondalla de Ventosela lidera o desfile con case 100 integrantes, enchendo as rúas de música, alegría e ilusión para cativos e maiores.

José Campo, director da agrupación, destacou en Radio Redondela o orgullo por esta estrea: “É moi bonito ver aos Reis chegando cunha rondalla agardando como se facía fai moitos anos, porque representan a unión do pobo”. Este ano, tocarán pola rúa –como manda a tradición–, cun repertorio de clásicos galegos como Sancristan de Coimbra.

Sorpréndese especialmente coa capacidade de aprendizaxe dos seus compañeiros: “Me sorprende a xente maior, a capacidade que ten de aprender. Sacrificanse, traballan, insisten todo o ano nos ensaios e chegan a un nivel impresionante, gustando e disfrutando”. Os instrumentos tradicionais (panderetas, cunchas, xarrascas, castañuelas, gaitas, acordeóns…) e os novos traxes –capa negra elegante con bordados en azul eléctrico, cintas azuis e brancas– fan da súa actuación algo único e recoñecible.

Ademais, a Rondalla de Ventosela estrearase este ano no VIII Concurso de Rondallas do Área Metropolitana de Vigo que se celebrará o sábado 17 de xaneiro de 2026 no recinto do IFEVI de Vigo. Este evento masivo reunirá a 18 agrupacións, con Redondela e Baiona como novidades, nunha xornada chea de música, desfiles e competición festiva que adoita atraer a miles de espectadores.

O “boom” das rondallas, impulsado pola estrea recente da película Rondallas de Daniel Sánchez Arévalo (2026), reflicte a unión e convivencia que José Campo destacou: “É moi real e motiva moito”. Un filme que recomenda ver para entender o espírito rondalleiro.

A comitiva conta con seis carrozas inspiradas en contos infantís clásicos: Alicia no País das Marabillas, O Quebranoces, Cenicienta… Melchor, Gaspar e Baltasar van acompañados por personaxes entrañables como a Coca Simona, animación constante e máis dunha tonelada de caramelos sen glute nin alérxenos.

Cabalgata inclusiva e accesible

O Concello pensou en todos: a saída será sen megafonía nin música alta, e o primeiro tramo (rúa Pai Crespo) libre de ruídos para persoas con TEA ou hipersensibilidade auditiva. Haberá zona reservada para mobilidade reducida preto do Concello, con tapóns de silicona dispoñibles. Ao final, os Reis recibirán aos cativos na Casa do Concello cun intérprete de lingua de signos galega (LSG).

En Chapela, cabalgata propia desde as 18:00 horas no Alto da Encarnación ata as Catro Pontes, con regreso ao Círculo Recreativo Cultural para a recepción real.

Rondallas e Ranchos de Reis o 6 de xaneiro

O Día de Reis, desde as 10:00 horas, o centro de Redondela acollerá o desfile e actuacións de rondallas e ranchos mantendo viva esta tradición tan arraigada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará