Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Nadal en Pazos de Borbén con chocolatada

concerto de nadal pazos de borben

Imaxe do concerto de Nadal do ano pasado en Pazos

O Concello de Pazos de Borbén acolle este domingo 4 de xaneiro unha xornada chea de actividades de Nadal para toda a familia, combinando tradición musical galega coa ilusión da visita dos Reis Magos de Oriente.

A programación comezará ás 17:00 horas no Auditorio Municipal coa chegada das Súas Maxestades os Reis Magos. Os máis pequenos poderán entregar as súas cartas e vivir unha tarde repleta de maxia e ilusión. Despois da recepción real, a festa trasladarase ao Pavillón Municipal, onde os nenos e nenas disfrutarán de inchables e xogos. Para repoñer forzas, o Concello ofrecerá chocolate con rosca a todas as persoas asistentes.

A continuación, ás 18:30 horas no mesmo Auditorio do Concello, celebrarase o II Concerto de Nadal. A velada contará coas actuacións da Coral Santa María de Pazos, Xacomín, Novas Amistades, Airiños de Pazos e Arghalleiros. Como colofón, os asistentes poderán degustar un chocolate con rosca que pechará esta cita musical chea de espírito nadalenco.raquelqueizas.com

Desde o Concello convidan a toda a veciñanza a participar nestes eventos de baled, ideais para compartir en familia e prolongar a maxia do Nadal en comunidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará