Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campito Chapela celebra o III Torneo Beretiño

WhatsApp Image 2026-01-02 at 19.43.59

Foto do II Torneo Beretiño

O Pavillón Municipal Manuel González Soto (Chapela) será o escenario da terceira edición do Torneo Beretiño de fútbol sala base, organizado polo club Campito Chapela FS. O evento, que se desenvolverá entre os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, reune a un total de 47 equipos procedentes de ata 28 clubs diferentes das catro provincias galegas, adquirindo nesta ocasión un carácter internacional coa participación do Vitoria Guimarães de Portugal.

O torneo abrangue todas as categorías da base, desde biberón ata cadete, pasando por prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. Segundo fontes do club organizador, espérase unha alta participación e un gran nivel competitivo, co obxectivo de estar á altura das expectativas xeradas por esta cita consolidada no calendario do fútbol sala galego.

O Campito Chapela FS conta coa colaboración de entidades como o Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra, Deporte Galego e a Xunta de Galicia, así como o apoio da Real Federación Galega de Fútbol. Esta edición promete ser unha festa do deporte base, con centos de xogadores e xogadoras en acción durante catro intensas xornadas.

Presentación do club co Concelleiro de Deportes e o presidente da RFGF na sección de Fútbol Sala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará