Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Choco Cup recada 1000 quilos de alimentos para Cáritas

WhatsApp Image 2025-12-29 at 11.20.49 (3)

Foto de Xeila Ferevenza

O Club Deportivo Choco de Redondela acolleu este Nadal a Choco Cup, un torneo solidario patrocinado por Recambios Ochoa e en colaboración con Cáritas. O evento, dedicado ás categorías base, celebrouse no campo de Santa Mariña cunha recolecta de alimentos non perecedoiros que conseguiu recadar 1000 quilos para axudar ás familias necesitadas.

O sábado 27 de decembro disputouse a xornada de benxamíns, mentres que o domingo 28 de decembro foi a quenda dos alevíns. Participaron numerosos equipos de toda Galicia, dende a nosa contorna até provincias como Lugo, Ourense e Pontevedra, con exemplos como o Atlético de Villar, nunha cita que combinou deporte, diversión e solidariedade nestas datas festivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará