O Club Balonmán Chapela despediu o 2025 cun intenso fin de semana deportivo cargado de balónmán base. O tradicional Torneo de Nadal que se desenvolveu esta fin de semana reniniu arredor de 150-200 nenos e nenas de categorías prebenxamín (7 anos), benxamín (7-9 anos) e alevín (ata 11 anos), con equipos mixtos procedentes de clubs próximos como Club Sar, BM Porriño, BM Lavadores, Carballal e Seis do Nadal, ademais do propio Chapela.
“Foi superdivertido, unha festa onde todos xogan e ninguén queda fóra. O importante é que se divertan”, explicou a presidenta María González. Non houbo clasificación nin gañadores oficiais, pero si medallas para todos os participantes. A organización correu a cargo de directiva, adestradores, o apoio do Concello de Redondela e as familias que tamén velaron pola seguridade e o bo ambiente no pavillón de Chapela.




O sábado completouse cunha xornada de veteranos masculinos do club, divididos en tres equipos por idades (“abueletes”, veteranos e preveteranos). “Gañaron os do medio, os de arredor dos 40, que están en plena forma”, bromeou a presidenta, que destacou o bo rollo e a ausencia de lesións graves, malia o intenso que foi o xogo.
As veteranas tamén brillaron: o equipo proclamouse campión do torneo organizado polo Carballal, superando as Sarillas e Meaño. “Pasámolo moi ben”, contou González, que subliñou o valor deste equipo como referente para as máis novas e o crecemento do balónmán feminino veterano na zona. De cara a 2026, o club xa ten plans ambiciosos para as veteranas: organizar no verán un torneo propio máis grande, invitando a equipos da controna e tamén de fóra (como os de Langreo ou Valladolid cos que xa mantiveron contacto este ano grazas ao Torneo que organizan as veteranas Sarillas).


No eido da canteira, dous xogadores xuvenís foron seleccionados para o CESA 2026 (Campionato de España de Seleccións Autonómicas) que se disputará en Cataluña do 3 ao 7 de xaneiro: Paula López (pivote, feminino) e Lois Alonso (primeira liña/central, masculino). “Paula levaba anos loitando e por fin conseguiu o premio no seu último ano de base; Lois é un fixo pola súa calidade”, destacou a presidenta, que desexou moita sorte a ambos.

En canto aos obxectivos ligueiros para a segunda volta, o club enfróntase a un ano cheo de retos: nos xuvenís, tanto masculino como feminino, a meta é loitar por entrar na Final 4, nunha categoría que este ano está moi igualada e imprevisible; o cadete feminino ten boas opcións de clasificarse para a fase final, xa que só perdeu dous partidos e compite con moita solidez; no sénior, o equipo feminino busca o ascenso a Primeira Territorial tras o descenso do ano pasado, mentres que o masculino aspira polo menos a meterse na Final 4 na súa categoría. Nos máis pequenos, como sempre, o foco está no aprendizaxe e na formación, independentemente dos resultados, aínda que equipos como o alevín están a rendir a un gran nivel.
Ademais, hai nenos e nenas participando no novo programa de detección de talentos da Federación Galega, o que fai presaxiar un futuro prometedor para a base do club. María González pechou a entrevista desexando un feliz 2026 a toda a familia do balónmán.









