Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP queda só na súa defensa dunha comisaría de distrito para Redondela

policia nacional

O PP presentou no último pleno do ano unha moción na que solicitaban a creación dunha comisaría de distrito. Unha demanda que se remonta xa ao ano 2019 pero que entenden é especialmente urxente a día de hoxe  “ante o incremento da inseguridade cidadá en Redondela”. A proposta saiou rexeitada ao non lograr o apoio do resto dos grupos que a cualificaron de “alarmista” acusando aos populares de copiar “a política do medo empregada por Vox”.

O PP quedou só na súa reclamación. O seu voceiro, Javier Bas defendeu esta proposta asegurando que nos últimos anos intensificáronse as queixas e preocupacións da veciñanza de Redondela en relación coa seguridade cidadá con diversos barrios e rúas que presentan de maneira reiterada problemas neste sentido.

Entre estes problemas enumeraron o consumo e tráfico de drogas, a aparición de xiringas e papelas na vía pública, a venda de estupefacientes nas inmediacións de parques infantís, a acumulación de lixo en espazos céntricos, a presenza de altercados, ruídos nocturnos ou a circulación de motos de madrugada por calexóns estreitos que dificultan o descanso veciñal. Estes feitos, repetidos e coñecidos durante meses aseguran “xeran alarma social e evidencian un deterioro progresivo da seguridade cidadá que esixe respostas urxentes, coordinadas e permanentes no tempo”.

Bas aseguraba que os datos do Ministerio constatan un maior número de roubos con violencia, incrementos dos delitos contra a liberdade sexual, unha suba moi importante de roubos en domicilio e un incremento escandaloso da sustracción de vehículos.

Delitos que ao seu entender poderían reducirse aumentando a patrullaxe e a presenza policial e coa creación dunha Comisaría de distrito en Redondela.

Javier Bas, PP

Malia acusar ao PP de crear alarmismo, o edil de AER si lamentou que non haxa unha maior presenza policial na rúa “é algo que demanda a cidadanía, que haxa máis axentes a pé” polo que entende que é preciso “cambiar os métodos pero sen necesidade de abrir unha nova comisaría”.

Roberto Villar, AER

Os nacionalistas criticaban tamén ao PP recorrer “ao discurso do medo” e, malia recoñecer que si hai un ascenso en determinado tipo de delitos, apuntaba Xoán Carlos González que “non máis que noutros concellos que si contan con comisaría propia”. Tamén criticaron aos populares por “tentar equiparar actos vandálicos con delincuencia” e insistiron en que “o importante non é contar cunha comisaría senón incementar a presenza e reducir os tempos de atención da Policía Nacional.

O voceiro do BNG reclamaba tamén ao goberno local que resolva o problema da oficina móbil do DNI que leva sen prestar servizo en Redondela dende setembro.

Xoán Carlos González, BNG

Tamén os socialistas votaron en contra tachando a moción de “exercicio de demagoxia” ao confundir competencias e confundir á cidadanía. A voceira do PSOE, Rita Pérez, asegurou que nos últimos anos o goberno local “incrementou os recursos da Policía Local, mellorouse a coordinación coa Policía Nacional, hai actuacións, hai seguimento e hai traballo serio aínda que non sempre sexa inmediato”.

Rita Pérez, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará