Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A “Oliveira ardendo” soa en Redondela para reivindicar o pobo palestino

propalestina

O colectivo proPalestino volverá concentrarse un luns máis ás portas do Concello de Redondela para denunciar o xenocidio en Palestina. A mobilización de hoxe ás 20:00 horas terá banda sonora propia para esixir o remate dunha masacre que non para malia o alto ao fogo entre Hamas e Israel. Os Bandos de Reis de Arcade de Riba, Soutoxuste e o grupo de Panxoliñas de Soutomaior únense para interpretar o tema “Oliveira ardendo” de Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra.


O colectivo tense convertido nos últimos dous anos nun referente de resistencia popular ao concentrase todos os luns na praza do Concello. Unha convocatoria que manteñen tamén neste tempo de Nadal dándolle ademais un carácter diferente xuntando a grupos e voces diversas que interpretarán un tema reivindicativo do pobo palestino como é Oliveira ardendo.


O acto contará coa lectura do manifesto e as últimas informacións en torno á dramática situación que continúa en Gaza e, atendendo a estas datas, reúnen tres agrupacións que interpretarán conxuntamente a panxoliña de Brassica Rapa que pon tamén o foco no xenocidio botando man dun símbolo da identidade do pobo palestino como é a oliveira.

Burno Rodríguez, colectivo ProPalestina


O obxectivo é seguir presionando e visibilizando a situación nun momento no que o acordo de alto o fogo logrou desmobilizar a unha parte da sociedade. Bruno Rodríguez insiste en que o escenario en Palestina lonxe de mellorar aínda empeorou “ás bombas que seguen caendo úneselle tamén a chuvia que fai que a vida nas tendas de campaña cada día sexa peor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará