Os galardóns ao rendemento académico do curso 24/25 premiaron un total de 20 estudantes e poñen en valor o esforzo, a constancia e a excelencia deste alumnado fronte a diferentes dificultades. Cada premiado recibirá unha bolsa económica de 1.000 euros. Entre os premiados atopamos dous estudantes do Instituto de cuxas candidaturas foron propostas polos docentes do centro atendendo ao esforzo continuado e á capacidade de superación demostrada ao longo da ESO.
A Xunta de Galicia vén de distinguir a 20 estudantes cos Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25. Trátase dun recoñecemento especial a unha serie de alumnos cunha forte capacidade de superación fronte a dificultades tanto de carácter persoal como educativo ou do seu contorno.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional resolve esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia para premiar unha vintena de traxectorias exemplares ao longo desta etapa formativa a prol da igualdade de oportunidades.
Entre os premiados atopamos alumnos de toda a comunidade, entre eles dous estudantes que está a cursar os seus estudos no Instituto de Chapela que percibirán os 1.000 euros cos que está dotado este premio, ademais dun diploma acreditativo. A concesión quedará reflectida no seu expediente académico.
Estes recoñecementos teñen como finalidade salientar publicamente o compromiso, a dedicación e o aproveitamento académico do alumnado, ao tempo que contribúen a reforzar un sistema educativo baseado na excelencia, a equidade e o desenvolvemento persoal. As candidaturas foron propostas polos docentes dos centros atendendo ao esforzo continuado e á capacidade de superación demostrada ao longo da ESO.









