A Asociación de amigos do Carballo das Cen Pólas organiza este sábado ás 20:00 horas un concerto a cargo do grupo de clarinetes “Klason” da agrupación musical do Rosal. Unha cita musical cun repertorio cargado de música clásica pero tamén popular onde non faltará o Yesterday de The Beatles.
Un grupo integrado por once compoñentes que naceu coa idea de traballar a música de cámara presentando un repertorio moi amplo que vai dende a música tradicional música de escena, blues, swing, barroco, clásico, romántico e contemporáneo.
Baixo a dirección da súa creadora e fundadora Begoña Dominguez interpretarán temas de Mozart, Schubert, Verdi ou Strauss entre outros compositores clásicos, pero tamén temas tan populares como o Yesterday de The Beatles ou Sementeira e O Carro de Fuxan os ventos.
Unha música da que ademais poderemos disfrutar nun espazo tan atractivo como é a Igrexia de Reboreda.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.











