Hoxe é Venres 26 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A San Silvestre volverá encher as rúas de Arcade de solidariedade e humor

san silveste soutomaior 02

A III San Silvestre de Soutomaior celebrarase este sábado 27 de decembro a partir das 17:00 horas con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia de 1’9 kilómetros e un percorrido adaptado de 180 metros. Un circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico cun máximo de 600 participantes. As persoas que non estean inscritas terá a posibilidade de facelo no propio día da proba.
Esta cita deportiva forma parte da programación do Nadal que organiza o Concello de Soutomaior, unha carreira festiva e solidaria destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e os menores de 14 anos se van acompañados dun adulto durante o percorrido.
Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premios ao mellores disfraces nas categorías de infantil (ata os 10 anos), xuvenil (de 11 a 17 anos) e adultos así como mellor disfrace colectivo.
Actividades complementarias
Na xornada do 27 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira participar na Alameda de Talo Río. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto 16:30h terá lugar exercicios de quecemento, ás 17:00h. será o inicio da carreira e ás 17:45h. terá lugar unha masterclass de zumba. Logo da entrega de premios e agasallos celebrarase unha festa final a partir das 19:00 horas coa animación musical a cargo de DJ Sande.
Anímase a participantes e espectadores a contribuír cun produto de alimentación imperecedoiro (preferentemente leite, aceite, legumes…).
Concertos
Dentro da programación de Nadal en Soutomaior temos tamén hoxe venres un concerto espectáculo co título “Nadal chungo que te cagas” a cargo de Peter Punk ás 17:30 horas na carpa de Talo Río

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará