Hoxe é Mércores 24 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Ti si podes”, combatendo as adiccións dende a comunidade

ti si podes

O programa “Ti si podes” é un programa sociosanitario que trata as adiccións desde un enfoque comunitario. Unha intervención novidosa promovida dende a Asociación Alborada que favorece a recuperación do paciente porque o trata no seu propio domicilio o que permite traballar máis directamente coa persoa ao tempo que se actúa tamén na súa contorna. O que arrancou como un programa centrado en Chapela foi medrando ata chegar a todas as parroquias de Redondela, onde actualmente traballan con 30 pacientes. O seu éxito levou tamén a implantalo noutros municipios.


O programa arrancou en colaboración cos Servizos Sociais de Redondela no momento no que se fai patente o incremento das adiccións en todo o municipio e a necesidade de traballar cos pacientes e coa súa contorna. Neste sentido a educadora social Andrea Pérez salienta que traballar no propio domicilio facilita o contacto directo e a confianza así como a posibilidade de abordar as problemáticas específicas de cada persoa”.

Moi importante neste traballo é “o vínculo que se crea co paciente” o que vai favorecer o éxito da intervención. A problemática á que se enfrontan estes pacientes tamén conleva traballar os conflitos familiares, os posibles casos de violencia familiar ou mesmo violencia machista.


En Redondela hai pacientes moi diversos. Mentres en Chapela son pacientes máis cronificados con adiccións que se remontan anos atrás, no resto do municipio o perfil é moi diferente, con consumos máis recentes ou persoas que non consideran que padecen unha adicción, malia que consuman asiduamente cocaína ou outras substancias.
Todo isto leva a que o traballo a realizar sexa moi diferente, tamén atendendo a que as condutas aditivas son moi variadas: dende o alcol ou a cocaína ata a pornografía, os videoxogos ou incluso con bebidas enerxéticas.

O programa conta cun total de 30 prazas, que son os pacientes cos que se está a traballar a día de hoxe de xeito directo. Con todo, insisten en que os beneficiarios son moitos máis porque se traballa coas súas familias e a súa contorna onde as veces hai máis dunha persoas consumidora. Unhas familias que reciben así a atención que precisan “porque convivir cunha persoa consumidora é complicado e as familias necesitan apoio psicolóxico para entender que se trata realmente dun transtorno mental e non dun vicio” tal e como explicaba a psicóloga Sandra Paz.

Estar nese día a día do paciente tamén permite previr as recaídas cun seguimento continuado que se prolonga no tempo. O éxito do programa levou a trasladar esta interveción sociocomunitaria a outros municipios, e actualmente está desenvolvendose no Val Miñor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará