Foto de arquivo
Na penúltima xornada da primeira volta das distintas ligas os equipos locais conseguiron sumar puntos. Despois do parón e Nadal prepáranse para retomar a competición o 11 de xaneiro de 2026.
Preferente, VILLALONGA F.C. – C.D. CHOCO (0-0)
Na Preferente, o CD Choco e o Villalonga FC empataron sen goles (0-0), deixando ao Choco no posto 13º con 18 puntos; o seu próximo encontro será o 11 de xaneiro na casa ante o Atlético Arnoia, terceiro clasificado.
Primeira Galicia SAN MARTIN C.F. – C.D. ARCADE (1-0)
Na Primeira Galicia, o San Martín CF venceu 1-0 ao CD Arcade, que queda 9º con 21 puntos e pechará a primeira volta o 11 de xaneiro na casa fronte ao AT Cuntis CF, rival directo co que está empatado.
Segunda Futgal; CD SOUTOMAIOR – ZACANDE CF (4-0)
Na Segunda Galicia, o CD Soutomaior goleou 4-0 ao Zacande CF, subindo ao 7º posto con 20 puntos; o próximo partido será visitando A Lama SD, equipo co que está empatado a puntos.
Terceira Galicia- Vigo; ALERTA SANGUIÑEDA – ATLETICO VILLAR (2-4)
Na Terceira Galicia (Grupo Vigo), o Atlético Villar consolidou o seu liderado absoluto tras impoñerse con autoridade por 2-4 ao Alerta Sanguiñeda. Os visitantes, que veñen demostrando unha gran regularidade ao longo da tempada, suman xa 35 puntos tras esta vitoria, manténdose na cabeza da clasificación e sacándolle 5 puntos de vantaxe ao segundo clasificado, o Club Peñasco.
A próxima xornada será a última antes do parón, e para o Villar supón unha oportunidade clave na casa fronte ao Racing Castrelos CF B.
Terceira Galicia- Vigo; CHAPELA C.F. – ATLANTIDA MATAMA “B” (4-2)
O Chapela CF impuxo a súa lei no campo da Parada ao vencer por 4-2 ao Atlántida Matamá B, nun duelo directo pola zona media-alta da táboa. Os locais suman 26 puntos e ascenden ao 6º posto, deixando ao seu rival con 25 puntos e complicándolle a loita polos postos de privilexio.
Este triunfo clave ante un competidor directo reforza as aspiracións do Chapela na metade superior. A próxima xornada, a penúltima antes do parón, os de Redondela visitan o 11 de xaneiro ao Celta Academy B, oitavo clasificado, nun encontro que promete ser disputado.
Terceira Galicia- Pontevedra; E.F.B. TERRA DE MONTES – C.D. CESANTES (3-3)
Na Terceira Galicia- Grupo Pontevedra, o EFB Terra de Montes (segundo pola cola) empatou 3-3 co CD Cesantes, que perde o liderado e pasa ao segundo posto con 28 puntos, empatado co Campaño SD polo golaveraje tendo estes últimos máis goles a favor emenos en contra.
A próxima xornada reciben ao Figueirido CF , equipo necesitado de puntos.
Todos os equipos descansan polo Nadal e retoman a competición o 11 de xaneiro, a unha xornada de rematar a primeira volta.









