Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tradición do Apalpador chega ao Viso

Fantoches-Baj-O-castineiro-do-Apalpador

“O castiñeiro do Apalpador” de Fantoches Baj é a proposta de hoxe dentro do III Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela e que este luns ás 18:00 horas chega á Sociedade Labrego Cultural do Viso.
A obra narra a historia dun carboeiro pobre que vive dos froitos do seu castiñeiro. Tras un encontro máxico cunha anciá que resulta ser unha maga, o Apalpador recibe tres desexos que o levan a vencer mesmo á propia morte.
Convertido nun ser inmortal e liberado da necesidade para comer, decide repartir as súas castañas aos nenos que pasan fame. Desde entón, cada Nadal percorre o mundo palpando as barrigas dos máis pequenos para deixarlles un doce agasallo a quen máis o merecen.
Mañá martes a quenda será para o espectáculo musical de Peter Punk que animará a tarde no centro cultural de saxamode. De cara a final da semana hai tres novas propsotas: o venres chegará ao centro cutlrual de Negros o espectáculo O show de Fifo, o sábado a cita será no Centro culutural de Cedeira co espetáculo Barriga verde a cargo de titeres Alakrán e o venres a maxia de Cayetano Lledó chegará ao Multiúsos da Xunqueira.
Todo os espectáculos son ás 18:00 horas con entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará