Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación cultural de Chapela denuncia o deficiente estado do multiúsos do Piñeiral

multiusos

Aseguran ademais que o goberno local “censura” as súas propostas ao negarse a incluir na orde do día do Consello parroquial un escrito no que reclamaban o arranxo e a adopción de melloras neste edificio empregado por asociacións e veciñanza para realizar actividades. Denuncian o lamentable estado que presentan tanto as dependencis interiores do edificio como a zona exterior e o parque infantil que existe nas súas inmediaciones.
Cada semana acoden a este Multiúsos unhas 900 persoas que participan das actividades que alí se organizan ou acoden aos servizos municipais que se xestionan no centro, como a biblioteca municipal. Con todo, a Asociación cultural asegura que estes espazos presentan un estado moi mellorable e enumeran entre outras deficiencias “o forxado da propia estrutura que leva uns anos ao descuberto e atacado pola corrosión, os equipos de iluminación, son e imaxe do auditorio que presentan grandes deficiencias, as teas e telón do escenario rotas e completamente deterioradas ou os sistemas de calefacción e aire acondicionado que sempre fallan cando máis se necesitan por unha falta de mantemento”. Engaden que o auditorio presenta filtracións preocupantes, que van deteriorando a tarima de chans e paredes e que non conta coa insonorización necesaria ademais de que as butacas carecen de enumeración “malia levar anos solicitando a súa instalación para facilitar a xestión do aforo”.
En canto a calefacción aseguran que presenta fallos constantes, chegando a estar en ocasións semanas enteiras, con días de frío extremo, fóra de servizo.
No que se refire á zona exterior, enumeran as fochancas que presenta o aparcamento que o converten nun lodazal e o estado da zona que rodea o parque infantil con vexetación dunha altura na que dista moito en ser unha zona de lecer. En canto a iluminación aseguran que os farois que iluminan a entrada principal do edificio leva máis dun ano sen funcionar, o que xa ocasionou algunha caída de persoas sobre todo maior pola falta de visibilidade, ao que hai que engadir a mala imaxe da fachada exterior da parte alta , que se atopa chea de pintadas e humidades .
Ante esta situación o Colectivo Cultural presentou unha proposta para que se debatese no Consello Parroquial que aseguran “foi vetada por orde da máis alta responsable do goberno municipal, como así recoñeceu o presidente do consello parroquial Roberto Villar”. Ante a insistencia do representante da Asociación Cultural para que dita proposta fose incluída na orde do día, para levar a debate e votación polos colectivos representados no mesmo, o presidente mantívose na súa posición de non incluíla, alegando que o cumpría as indicacións feitas pola alcaldesa. Desde a Asociación Cultural de Chapela consideran inaceptable que desde o goberno local preténdase calar aos colectivos nun órgano que foi creado precisamente para darlles voz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará