Olga Cuervo será a encargada do contacontos que terá lugar na biblioteca Valle-Inclán de Redondela o luns 22 ás 18:00 horas. O martes 23 a cita será na biblioteca Xela Arias de Chapela ás 18:30. Dúas actividades de balde que precisan de inscrición previa. Actividades que serven para celebrar o Nadal nas bibliotecas que durante este período modifican o seu horario, así en Redondela o servizo só estará operativo en horario de mañá , mentres que en Chapela a biblioteca permanecerá pechada dende o 23 ata o 7 de xaneiro.
A vindeira semana arrancará cun contacontos que leva por título “Jane Austen polo Nadal” e que se suma ás conmemoracións do 250 aniversario da escritora Jane Austen. Unha actividade organizada en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso e que correrá a cargo da contadora Olga Cuervo o luns 22 de decembro ás 18:00 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e público familiar. O contacontos é de balde pero é preciso facer a inscrición previamente na propia biblioteca ou no teléfono 986 40 15 61.
En Chapela a Biblioteca Xela Arias celebrará estas datas tan especiais cunha nova sesión de contacontos a cargo das usuarias Lía e Beatriz. Será cos seus “Contos da Veciñanza, especial Nadal”. A cita é o martes 23 de decembro ás 18:30 horas. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar. A entrada é de balde, con inscrición previa na propia biblioteca, no teléfono 986 45 42 26 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal.









