A clientela que faga as súas compras nos comercios asociados ao colectivo empresarial poderán facerse con algún dos cen bonos de 30 euros que se repartirán sen sorteo entre aqueles persoas que rexistren un maior número de compras ou que acumulen compras por un maior importe entre o período que vai do 15 de decembro ao 5 de xaneiro.
O xeito de participar nesta campaña de Nadal tan só esixe que os clientes que fagan as súas compras nos comercios locais rexistren os tickets na web www.empresasredondela.gal. Ao rematar a campaña repartiranse 50 bonos a aquelas persoas que rexistraran un maior número de compras e outros 50 bonos para os que maior importe acumulen.
A asociación lembra ademais que para facilitar a accesibilidade ao centro comercial aberto tamén se entregará aos clientes bonos de aparcamento gratuítos, unha medida coa que din “queren contrarrestar as dificultades crecentes de acceso ao centro urbano e a escaseza de prazas de estacionamento principal ameaza para o comercio de proximidade de Redondela”.
Este sistema de bonificación de aparcadoiro tamén estará operativo dende o 15 de decembro ao 5 de xaneiro, coincidindo co período de maior actividade comercial. Así cada establecemento asociado que participe na campaña disporá dun pack de bonos gratuítos que aforrará ao cliente o custe do parking en base a compra realizada.
A campaña de Nadal inclúe tamén un novo xogo das bolas máxicas que estará presente tanto na rúa, prazas de abastos como nos comercios.










