Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto presentación do Coro Casto Sampedro na Igrexa de Santiago de Redondela

coro casto sampedro

Os integrantes do Coro redondelán, amadriñado polo coro Ondas do Mar de Vigo ofrecerán un concerto conxunto de panxoliñas que terá lugar este domingo 21 ás 19:00 horas no templo parroquial de Santiago de Redondela.
As dúas corais comparten a dirección de María Oliveira da Silva o que facilitou a organización dun acto moi especial no que por primeira vez o Coro Casto Sampedro sobe ao escenario tras tres meses de intensos ensaios. No concerto haberá ocasión de escoitar ás dúas formacións en conxunto pero tamén por separada nun recital que ofrecerá un repertorio cargado de música propia do Nadal: as panxoliñas.
Malia que a Coral Casto Sampedro está a preparar unha presentación en sociedade cara á fin da primavera cun repertorio máis amplo e variado, a invitación de Ondas do Mar de Vigo foi moi ben acollida polas persoas que a integran como xeito de compartir os froitos de tres meses de ensaios esforzados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará