Hoxe é Martes 23 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica o atraso e a falta de planificación nas obras do Campo de Santa Mariña

obras choco si

Os populares aseguran que a situación de deterioro que presentan estas instalación deportivas son produto da falta de investimentos durante os últimos seis anos neste campo de fútbol e da anulación, aos oito meses da chegada de Rivas á Alcaldía, do contrato de mantemento que se facía cada trimestre. Critican tamén a falta de planificación do goberno por desenvolver estas obras durante a tempada, coas conseguintes molestias que provocan aos usuarios do Campo.
O grupo municipal do PP lamenta o enorme retraso na mellora do Campo de Fútbol de Santa Mariña tras seis anos de “total abandono” que levaron a esta instalación a un importante estado de deterioro e criticou. O popular Iván Crespo, denuncia que o executivo de Digna Rivas obviou totalmente as necesidades do estadio desde o ano 2019, se realizarse ningún investimento de calado nin executarse o proxecto existente para a mellora dos vestiarios. Asegura ademais que se prescindiu das labores de mantemento habituais coa cancelación do contrato de obras de conservación periódicas e xerais, que se facían cada trimestre.
Engade o concelleiro popular que as obras previstas para os vestiarios, o local social, o almacén e a iluminación “non se fan por planificación, convicción e compromiso co deporte e cos deportistas, senón por necesidade urxente ante a importante degradación deste campo e grazas, engade, a achega da Deputación que vai financiar a obra con 250.000 euros procedentes do Plan especial de infraestruturas deportivas.
Iván Crespo tamén cuestionou as datas escollidas para acometer estas obras, xa que o propio goberno anunciou o seu inicio inmediato para que estean rematadas ao longo do primeiro trimestre do ano 2026, “polo que ademais de coincidir coa época de maior uso do campo, entendemos que vai prexudicar o resto da campaña”
Finalmente, o vicevoceiro esixíulle tamén ao concello redondelán que se tome en serio o mantemento deste campo e das demais instalacións deportivas municipais recuperando o servizo de mantemento periódico e xeral das mesmas e que acometa as obras en condicións tras a nefasta actuación realizada no campo de Cesantes e o esquecemento na demanda de dotación de herba artificial cursada para o de Vilar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará