O equipo Júnior Feminino do Club Baloncesto Redondela logrou unha gran fazaña ao clasificarse para a fase de ascenso á liga galega. Este éxito é froito do intenso traballo e dedicación que as xogadoras veñen realizando ao longo da tempada.
Este fin de semana, desprazaranse a Ourense e Allariz para disputar os partidos decisivos da fase de ascenso. Desde o club deséxanlles moita sorte e que disfruten da experiencia.
Aberto o prazo de inscrición para as xornadas de tecnificación do Club de Baloncesto Redondela
O Club Baloncesto Redondela organizará durante o Nadal de 2025 unhas xornadas de tecnificación dirixidas exclusivamente a nenos e nenas da categoría minibasket, é dicir, aqueles nados en 2014 e 2015. Estas sesións buscan ofrecer aos máis pequenos un espazo específico para seguir mellorando os seus fundamentos técnicos e a comprensión do xogo do baloncesto, cunha metodoloxía adaptada á súa idade que combina esixencia e motivación.
Os adestramentos incidirán en aspectos clave como o bote orientado, a toma de decisións con balón, as finalizacións cerca do aro, a ocupación de espazos en ataque e as primeiras nocións de defensa individual e colectiva. O club busca participantes con ganas de aprender e de comprometerse cun traballo intenso, nun ambiente centrado na aprendizaxe e na superación persoal. O prezo de inscrición é de só 10 euros, cantidade que se doará integramente á Asociación Andaina, e o prazo para apuntarse permanece aberto ata o xoves 18 de decembro incluído. Ligazón de inscrición.









