Hoxe é Mércores 17 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reclama a creación da primeira escola oficial de danza do concello

escola música chapela

A asociación cultural de Chapela vén de presentar un novo proxecto ao concello co obxectivo de crear a primeira escola oficial de danza que daría resposta as diferentes demandas de formación nesta disciplica, dende a danza urbana ata o baile tradicicional galego pasando pola danza contemporánea ou os bailes de salón. Solicitan apoio ao Concello para valorar cal sería o espazo máis axeitado para desenvolver esta actividade.


A Asociación Cultural e Social de Chapela leva 35 anos traballando en proxectos culturais como a escola de música de Chapela. Esta escola, que comezou a funcionar no 2013 dispón da autorización e a oficialidade por parte da Consellería de educación como escola Oficial de Danza, o que lle permitiría impartir as diferentes diciplinas de baile de xeito regrado.
Esta nova escola pretende contar cunha ampla oferta de disciplinas de baile que incluiría clases de danza urbana (Hip Hop, Funk e Break Dance nos 3 estilos) Danza Contemporanea ( pre-danza ,danza creativa, danza clásica ) Danza española (flamenco, sevillanas, bolero) baile tradicional galego, bailes de salón e latinos entre outras materías a impartir. Tamén contaría cunha formación lúdica con clases para nenos e adultos a partir de 3 anos e sen límite de idade e distintas ofertas de baile en familia.


Este proxecto foi tamén presentado para o seu estudo ás diferentes forzas políticas con representación no Concello de Redondela e desde á Asociación Cultural de Chapela esperan contar co apoio maioritario das mesmas.

O principal problema ao que teñen que facer fronte de cara a poñer en marcha este proxecto é a falta de espazo, polo que reclaman que se proceda a ampliar as actuais instalacións da Escola de Música para dar cabida a esta nova formación académica.
Entenden que logo do anuncio do Concello da creación dun novo Centro Cívico Sociocultural de Chapela que esta previsto crear no antigo colexio Igrexa cun orzamento de 1,6 millóns sería unha boa oportunidade para reestruturar os espazos sociais existentes e os de nova creación para dar viabilidade ao proxecto da escola de danza.

Por este motivo solicitan reunirse cos representantes do goberno para estudar as posibles alternativas e poñer en marcha o proxecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará