Hoxe é Sábado 31 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comerciantes da Rúa do Medio reactivan o casco vello redondelán

rua do medio 1 si

A rúa Reveriano Soutullo viviu este domingo unha tarde diferente. Animados polo bo tempo e pola proposta festiva organizada polos negocios que traballan no casco vello, ducias de veciños e veciñas achegáronse á zona para gozar da música, da gastronomía e da animación que se viviu durante toda a tarde. A inicitiva cumpriu así o seu propósito “dar un cariño á clientela que durante todo o ano mantén viva esta rúa e reivindicar que a Rúa do Medio tamén existe”.
Detrás da iniciativa atopamos os establecementos Libraría Rosalía e Compañía, Tía Estébana, a perruquería Lourdes Oliveira, a mercería Xeitosiña e a academia English Center. Aproveitando o clima de entendemento e camaradería que exsite entre eles decidiron organizar unha tarde de convivencia e de festa con obradoiros, lecturas teatralizadas, música e gastronomía co obxecto de reinvindicar a importancia do comercio de proximidade, agradecer á clientela o apoio que lles brindan durante todo o ano e convidar á veciñanza a achegarse a unha rúa “emblemática, que se atopa a tan só uns metros do centro da vila pero que as clientela non sempre lembra á hora de facer as súas compras”.
Un chamamento que tivo a súa recompensa, xa que foron moitos e moitas os que se achegaron e gozaron dunha tarde de convivencia e de festa que rematou cun brindis moi redondelán, con piscolabis e licores de Arelar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará