Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco contra o Porriño Industrial

WhatsApp Image 2025-11-24 at 18.15.58

Preferente 

O CD Choco sufriu unha derrota na casa ante o Porriño Industrial (2-3) no Campo de Santa Mariña. Os goles locais foron obra de Xian (minuto 33) e Pablo Otero (90+3). 

Así analizaba o adestrador Alberto Rabadán o encontro: “Foi un partido con xusto vencedor. Tivemos moitas imprecisións que condicionaron o resultado final, pero o equipo mantén a cabeza alta e estaremos loitando ata o último minuto nas dúas xornadas que quedan”.

O equipo mantense nos 17 puntos e na 12ª posición, precisando unha vitoria e a próxima xornada visitan ao Villalonga FC.

Primeira Galicia

O CD Arcade logrou unha importante vitoria ante o Unión Dena CF (1-0), grazas ao gol de José Iglesias, o que lle permite ascender ata a 8ª posición. Na penúltima xornada desprazaranse ao campo do San Martín CF, quinto clasificado.

Segunda Galicia

O CD Soutomaior superou ao SD Puente Arnelas (3-2) e consolídase na metade da táboa. Con tres xornadas por disputar, preparan a recepción ao Zacande FC, terceiro clasificado que loita por manterse nos postos de play-off.

Terceira Galicia – Grupo Vigo

O Chapela CF empatou (2-2) na visita ao CD Nieto, con goles de Adrián e Anxo. Suman 23 puntos nunha tempada moi estable e, con tres xornadas restantes, recibirán o vindeiro domingo ao Atlántida Matamá B, rival directo na clasificación.

Pola súa banda, o Atlético Villar mantense líder indiscutible con 32 puntos tras empatar (2-2) co AD Lavadores. A próxima xornada visitan ao Alerta Sanguiñeda, segundo pola cola.

Terceira Galicia – Grupo Pontevedra

O CD Cesantes recuperou o liderado tras golear (4-1) á SDC Poio. Con 27 puntos, preparan o desprazamento ao campo da EFB Terra de Montes, segundo pola cola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará