Hoxe é Luns 15 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A historia do tranvía de Chapela e a linguaxe das campás, traballos premiados no Redondela Investigada

Entrega premios II Certame Redondela Investigada

O Multiúsos da Xunqueira acolleu a entrega de premios que recoñeceu os traballos máis salientables de entre os 30 presentados a esta segunda edición dun certame organizado polos Departamentos de Xeografía e Historia dos institutos públicos de Redondela co obxectivo de impulsar o coñecemento da realidade social presente e pasada do concello.
Na categoría das Penlas (1º e 2º da ESO) a proposta do certame era a de analizar fotografías anteriores ao séculos XXI. Dous dos traballos premiados centraron a súa ollada na paisaxe e os seus cambios e, outros dous, realizan un percorrido pola historia familiar. “Terra de beretes” traballo gañador asinado por Uxío Solla Amoedo do IES de Chapela, é unha mostra desta análise do espazo e a súa transformación.
Na categoría de Burras (3º e 4º da ESO) houbo dúas mencións especias e dous premios. Nas mencións, o xurado destacou a biografía a Ángel Barros, figura artística referente no concello de Redondela, e o traballo da historia familiar a través das embarcacións familiares, ligadas á Illa de San Simón, ao transporte de xudeus durante a II Guerra Mundial.
O segundo premio recaeu nunha análise da matrícula industrial do ano 1885 a cargo de Mario Gesteira do IES Illa de San Simón, que mostra unha inusitada precisión metodolóxica e unha análise multifactorial. O primeiro premio desta categoría levouno un traballo sobre a linguaxe das campás asinado por Paula Alfaya, Lucía Cabaleiro, Ana Fernández e Javier Alfaya do IES Pedro Floriani. Nesta investigación combínanase as fontes orais e o traballo de campo de recollida dos sons de diversas igrexas parroquiais redondeláns.
A categoría de Coca (1º e 2º de Bacharelato) concedeu dou premios. O 2º recaeu sobre un traballo de historia familiar que percorre o século XX realizado por Sara Lago Sánchez, Nicanor Lago Sánchez, Sara González Barros, Lucía Varela Soliño e Promethea Iñarrea Vázquez do IES Pedro Floriani.
O primeiro premio desta categoría foi para un traballo sobre a historia do tranvía en Chapela que combina diversas fontes documentais e escritas así como unha ampla base visual. A autoría é de Laura Villaverde García, Iria González López, Laura Fernández, Rodríguez e Ana Amelia Veras Sánchez do IES Chapela.
Todos os traballo premiados levaron un diploma e vale económico para investir en catro librarías do concello de Redondela. Os vales foron sufragados polos catro IES do municipio. Así mesmo, os traballos serán publicados no segundo número da revista “Redondela investigada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará