As actividades comezarán o domingo 28 de decembro cun baile pensado para as persoas maiores que terá lugar na Casa do Pobo do Val Sobral. Continuará o día 31 co espectáculo familiar “A bailar para rematar o ano” de AnimaT e, para finalizar, a noite de fin de ano celebrarase unha gran gran festa amenizada por “Trío Tic Tac” e “La Yaya” DJ na Alameda de Talo Río a partir das 00:45 horas.
Enmarcadas dentro da programación de nadal do Concello de Soutomaior, a primeira das citas será o domingo 28 de decembro co Baile de Nadal para os maiores de 65 anos. Amenizado polo “Dúo Visión”, este baile será totalmente gratuíto e contará con cotillón e cholocatada. Haberá ademais buses lanzadeira dende Arcade, pasando polos barrios de Soutomaior para chegar ao lugar da celebración, na Casa do Pobo do Val Sobral. As persoas interesadas en asistir o único que terá que facer é inscribirse en liña na web do Concello, no propio Concello ou no Multiúsos de Arcade antes do 22 de decembro.
Os máis novos terá tamén unha cita especial o propio día de fin de ano, o 31 de decembro, co espectáculo de “A bailar para rematar o ano” de AnimaT. Un evento que se desenvolverá na carpa de Nadal instalada na Alameda de Talo Río en horario de 17:30 a 19:00h.
A última das citas será a gran festa de fin de ano que terá lugar na noite do día 31 de decembro tamén en Talo Río. Unha cita de balde amenizada polo “Trío Tic Tac” e “LA YAYA” DJ. Unha festa que contará cunha carpa climatizada, roupeiro e cotillón e que dará comezo a partir das 00:45h.










