O BNG de Redondela organiza ás 20:00 horas de hoxe xoves un acto aberto no que se falará de dúas figuras imprescindibles no nacionalismo galego. Un acto no que participarán participará o xornalista Alberte Mera, a deputada do BNG, Montse Prado e o voceiro do Bloque en Redondela , Xoán Carlos González.
Neste 2025 o nacionalismo galego está a conmemorar dous acontecementos que marcaron a historia de Galiza. O 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no exilio en Bos Aires e o 50 cabodano do asasinato pola policía franquista, de Moncho Reboiras.
Para falar destas dúas figuras contarase coa intervención de Alberte Mera, director do Xornal Nós Diario e responsable da longametraxe documental “Reborias: Acción e Corazón” (2020), que retrata a vida de Xose Manuel Reboiras Noia (Dodro, 26 xaneiro 1950/ Ferrol, 12 agosto 1975).
No acto falarán tamén a deputada Montse Prado Cores e o portavoz local do BNG. Un encontro que busca ser “unha pequena aproximación á figura destes dous nacionalistas, que como outros e outras represaliados pola ditadura franquista non só por pagar coa súa vida, senón tamén por seren relegadas ao esquecemento”.










