Hoxe é Martes 9 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo consolida o seu bo momento cunha vitoria contra o Rocasa

597556655_1420312706770319_6017837546348799997_n (1)

Nunha Bomboneira entregada, o equipo de División Honra Prata Feminino logrou unha vitoria emocionante ao derrotar por 28-26 ao Rocasa Gran Canaria, ata o momento o único equipo invicto da categoría nacional.

O encontro foi unha loita desde o primeiro minuto. A primeira parte rematou en empate (13-13) tras un intercambio constante de goles que reflectiu a enorme igualdade entre ambos conxuntos. Na segunda metade mantívose o mesmo guión ata o minuto 36 (16-16), momento no que as locais encadearon un parcial de 4-0 que lles deu unha vantaxe de catro goles (20-16).O Rocasa reaccionou e chegou a poñer o 25-24 a falta de cinco minutos, pero a SAR soubo xestionar mellor os instantes decisivos e pechou o triunfo cun eloxiable 28-26 final.

Con estes dous puntos, as redondelás confirman o seu gran momento de forma e a progresión mostrada ata o de agora na liga. Acumulan tres vitorias consecutivas de gran nivel contra o Getasur, Cañiza e Perdoma. A próxima xornada, pechan o ano 2025 visitando ao Balonmano Romade en Canarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará