Hoxe é Martes 9 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco non puido co líder

WhatsApp Image 2025-11-24 at 18.15.59

Preferente: CD Choco- Atios (2-5)

Derrota dura este domingo para o CD Choco en Santa Mariña. O líder, o Atios, pasou por riba e gañou 2-5. A pesar do resultado, os redondeláns seguen loitando na parte media da táboa con 17 puntos. Marcou Rubén o primeiro gol e Alejandro transformou un penalti en ilusión momentánea, pero o Atios foi superior. A próxima fin de semana o Choco xoga outra vez na casa: recibe ao Porriño Industrial.

Primeira Galicia: SD Valiño – CD Arcade (2-1)

O Arcade non puido puntuar fóra e caeu 2-1 ante a SD Valiño. O único gol levouno Brais. O vindeiro domingo teñen unha boa oportunidade de resarcirse en casa ante o Unión Dena, un equipo que está na zona perigosa e necesita os puntos con urxencia.

Segunda Galicia: Xornada de descanso para o CD Soutomaior.

Terceira Galicia: San Estebán – Atlético de Villar (0-2)

O Atlético de Villar segue intratable e mantense líder con 31 puntos e 10 vitorias en 11 xornadas. Esta semana gañou 0-2 no campo do San Estebán e demostrou outra vez por que é o gran favorito ao ascenso directo. O domingo que vén ten un choque importante na casa contra o AD Lavadores, cuarto clasificado e que loita por non saír dos postos de play-off.

Terceira Galicia: CD Chapela – CD Coya (1-2)

Pola contra, o Chapela non puido co CD Coya e perdeu 1-2. Unha derrota que lle fai baixar ao sexto posto, aínda que segue a só uns poucos puntos da zona de promoción. A próxima semana visita ao CD Nieto co obxectivo de recuperar sensacións.

O Cesantes tivo xornada de descanso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará