Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela chama a acudir á manifestación de hoxe en Vigo para “reconstruír” a área sanitaria

sanidade

A precaria situación dos centros de saúde pola non substitución dos médicos é un dos problemas máis patentes na nosa comarca. Na xornada de onte de feito faltaban 6 médicos dos 14 que prestan servizo no centro de saúde de Redondela. En peor situación atopábase o de Pazos onde non había ningún médico atenderá aos pacientes. Unha crise sanitaria que leva a mobilizarse á cidadanía cunha manifestación que terá lugar esta tarde ás 19:00 horas en Vigo.

Detrás da convocatoria atópase SOS Sanidade Pública ante a situación da sanidade en toda Galicia con menos recursos destinados a Atención primaria o que deixa aos concellos sen profesionais de pediatría e a cidadanía sen médico de familia de referencia.

Por estes motivo chaman á veciñanza a manifestarse este xoves para reclamar a reconstrución da Área sanitaria e reverter, entre outros aspectos, a situación do hospital Alvaro Cunqueiro. A manifestación partirá ás 19:00 horas dende a Praza de España ata o cruce da rúa Colón con Policarpo Sanz.

Ademais dos integrantes da Plataforma en defensa da sanidade pública de Redondela tamén a alcaldesa, Digna Rivas, ten apoiado a protesta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará