Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa a Rivas de desatender as demandas da policía en materia de violencia machista

viogen

Os populares cualifican de “inadmisible” que con trinta casos enriba da mesa, os corpos de seguridade estean a solicitarlle máis recursos e o executivo local non lles faga caso e, aínda por riba, “presuma de que vai poñer en marcha plans pioneiros”.

O grupo municipal do PP de Redondela vén de acusar á alcaldesa, Digna Rivas, de “irresponsabilidade e falta de compromiso” coas vítimas da violencia machista por falar da posta en marcha de novos servizos nesta materia, co gallo da Mesa de Coordinación para a Mellora da Atención á Vítimas de Violencia de Xénero, cando está a aplicar recortes nesta materia por non executar todos os fondos asignados do Plan VioXén e desatender de xeito constante as solicitudes dos corpos e forzas de seguridade para reforzar o coidado e protección das mulleres.

Entende o voceiro do PP, Javier Bas que o único obxectivo da reunión de dita Mesa era “tentar lavar a súa imaxe e facer que fai” tras o rexeitamento ás propostas do PP nesta materia no pleno do pasado xoves.

Neste punto, o PP redondelán lembrou que, nesa sesión, saíu adiante unha moción súa malia o voto en contra de Digna Rivas e dos concelleiros socialistas na que demandaba a execución de todos os fondos do Plan VioXén para non desaproveitar nin un só euro na protección das vítimas e se poidan evitar os recortes do goberno local, priorizando as necesidades urxentes de protección das vítimas, incluíndo recursos habitacionais de emerxencia para momentos de intervención, e tamén a adopción das medidas reclamadas polos corpos e forzas de seguridade.

As propostas do PP inclúen a transparencia na xestión destes fondos, a creación dun espazo seguro para menores cando a nai teña que declarar en sede xudicial ou a posta en marcha e mantemento de recursos específicos para desprazamentos seguros das vítimas cando teñan que acudir ao xulgado, o centro médico, o CIM ou outras dependencias oficiais e que o transporte habilitado dispoña de cadeiras homologadas para os seus fillos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará