Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruz Vermella promove a participación da mocidade a través do programa Pineo

pineo

O programa Pineo é un proxecto de ocio e tempo libre para nenos, mozos e mozas de 12 a 18 anos que se centra na educación en valores e serve aos seus integrantes como iniciación ao voluntariado. As actividades que organiza inclúen obradoiros, xogos, excursións, entre outras. Co gallo da conmemoración este venres do Día do Voluntariado, instalarán un stand informativo na Praza da Constitución en horario de 17:30 a 18:30 horas no que se desenvolverán actividades lúdicas para nenos e nenas.

A oficina da Cruz Vermella en Redondela, instalada nos baixos da Casa da Cultura, leva funcionando dende o ano 2019. Nestes seis anos unha das súas apostas estivo centrada en favorecer a participación dos máis novos, mozos e mozas que se achegan a esta entidade e que participan deses talleres que buscan fomentar o espírito crítico con sesións de hora e media á semana.

Diana Freira, responsable de Cruz Vermella Redondela

Unha das participantes no programa é Hidaya. Unha moza que entrou no programa Pineo con 14 anos e que a animou a seguir colaborando como voluntaria unha vez que xa cumpriu os 18 anos.

Hidaya, voluntaria de Cruz Vermella

A responsable da Cruz Vermella en Redondela, Diana Freire, lembra que esta actividade está aberta a quen queira participar con propostas diferentes que este venres se verán na rúa para celebra o Día do Voluntariado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará