Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Copa de Aficionados da Deputación de Pontevedra volve con emoción nas primeiras roldas: derbi do CD Choco fronte ao Chapela CF

Diseño sin título (3)

A Copa de Aficionados, o torneo organizado pola Deputación de Pontevedra que reúne aos equipos da provincia, deu as prmeiras eliminatorias. Tras a fase previa, varios conxuntos da comarca xa deixaron a súa pegada, con vitorias, empates e algunha decepción.

O CD Soutomaior está comezando forte. O pasado 2 de decembro, na fase previa, os de Soutomaior impuxéronse a domicilio ao Rápido Bahía CF por 1-3. E onte, mércores 3 de decembro, repetiron triunfo na primeira eliminatoria ao vencer 3-1 ao UDC Vilaboa no Campo Graciano Padín, ante a súa afección. O 4 de xaneiro terán un novo compromiso: enfrontaranse ao Moraña CF nun campo aínda pendente de confirmar. Tres partidos en poucos días para un equipo que quere seguir soñando na competición.

Pola súa banda, o Atlético de Villar logrou salvar un punto importante onte ao empatar 1-1 na casa, no Campo de San Martín, fronte ao competitivo Atios. Un resultado que lles permite seguir adiante, aínda que con menos marxe de erro nas vindeiras roldas.

Non correu a mesma sorte o CD Cesantes, que caeu eliminado na primeira eliminatoria tras perder 2-0 na súa visita ao SCD Poio. Loitaron, pero non puideron superar ao conxunto local.

A xornada de hoxe trae un dos pratos fortes da ronda: o derbi redondelán entre o CD Choco e o Chapela CF. O encontro disputarase ás 21:00 horas no Campo Municipal de Parada, en Chapela, e agárdase unha gran entrada para ver este duelo entre dous históricos da comarca.

Ademais, o CD Arcade xa coñece o seu próximo rival: o vindeiro luns 9 de decembro medirase ao SCD Salcedo nun partido que promete ser igualado.

A Copa de Aficionados segue ofrecendo fútbol de proximidade, paixón e sorpresas, e os equipos da zona loitan por avanzar cara ás fases decisivas do torneo provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará