Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ANPAs reclaman que os comedores escolares se instalen nos propios centros de ensino

COMEDOR

O alumnado da Escola Infantil A Marisma e do Colexio Santa Mariña empregan como comedor escolar dende o ano 2013 uns locais cedidos polo Concello que se atopan nas inmediacións dos centros educativos o que obriga a máis de cen nenos e nenas de 3 a 12 anos a desprazarse e saír do seu centro “cos riscos que iso ocasiona”. Unha “solución temporal e de urxencia” naquela altura que as Anpas entenden que debe corrixirse “unha vez que hai espazo dentro das propias instalacións dos centros para ubicar este servizo”.

O maior problema para as familias destes colexios, onde estudan nenos e nenas de 3 a 6 anos e de 6 a 12 respectivamente, é a situación dos seus comedores escolares. Dende hai anos as ANPAS empregan como comedores escolares dúas instalacións municipais cedidas polo Concello no Paseo do Pexegueiro, nas proximidades dos colexios. Actualmente son máis de cen nenos e nenas os que fan uso do servizo de comedor escolar entre os dous centros, e algúns menores quedaron fóra por falta de prazas.

Antre esta situación, reclaman á Xunta que se habilite nos propios centros escolares un espazo para os comedores xa que existe espazo dispoñibles nos dous colexios para instalar o comedor. Demandan á Consellería que os adapte para utilizalos e poder así evitar os desprazamentos de nenos e nenas, que agora deben saír do colexio cos riscos que iso implica.

José Manuel Lago, presidente Federación Anpas Redondela

Co obxecto de solicitar a mediación do Concello, representantes das Anpas reuníronse coa alcaldesa, Digna Rivas, e co concelleiro de Ensino, Alberto Álvarez, para trasladarlle as súas necesidades e demandas.

O presidente da Federación de Anpas, José Manuel Lago, reinvindica tamén que os locais que están sendo empregados actualmente por este alumando se reconvera de cara ao futuro nun comedor que dea servizo ao alumnado dos institutos que existen nas inmediacións.

As familias do EEI A Marisma comezaron tamén unha recollida de sinaturas para esixir á Consellería de Educación da Xunta de Galicia “a execución de medidas urxentes e inmediatas para regular o comedor xestionado pola ANPA”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará