Este programa contará cunha actividade mensual dende decembro deste 2025 ata novembro do 2026. O obxectivo é promover o benestar e a calidade de vida mediante o traballo manual en saúde mental. O primeiro obradoiro será de empaquetado de agasallos e celebrarase o 18 de decembro. Para participar nesta proposta será preciso inscribirse entre o 2 e o 9 de decembro.
O obxectivo das actividades enmarcadas neste programa é promover o benestar e a calidade de vida, reducindo o estrés, a ansiedade e a depresión, mellorando a autoestima e a concentración, e desenvolvendo as habilidades cognitivas, emocionais e motrices mediante o traballo manual en saúde mental. A concelleira de Igualdade Rosana Martínez salientou na presentación do programa os beneficios da actividade manual que “permite desconectar das preocupacións, desenvolver a creatividade e fomenta a interacción social, actuando como terapia ocupacional beneficiosa para persoas de todas as idades”.
Un programa que comezará no mes de decembro pensando nas datas de Nadal e organizando un obradoiro de empaquetado de agasallos no que se empregarán diferentes elementos e técnicas.
En xaneiro será a quenda do obradoiro Decora a túa cerámica e en febreiro as persoas participantes aprenderán a construír caixas con estruturas de cartón e teas nun obradoiro de cartonaxe.
No mes de marzo parche da memoria, en abril encuadernación, en maio cosmética natural, en xuño obradoiro de limpeza ecolóxica e en setembro un obradoiro de elaboración de conservas. O programa propón para o mes de outubro un taller de decoupage, técnica manual decorativa que emprega papeis ou tecidos impresos para pegar en diferentes soportes e chegará aos seu remate o 12 de novembro de 2026 cun obradoiro baixo o título “deixa a túa pegada” no que se traballará na intervención das camisetas dende o deseño, a funcionalidade, a comodidade e a estética.










